A Feira de Nadal de Verín contará cunha vintena de postos temáticos, animación musical e actividades infantís Imprimir
Venres, 26 Novembro 2021 13:23

 Un total de vinte postos temáticos de artesanía e alimentación, animación musical diaria e actividades para os máis pequenos da casa. Así será a programación da próxima feira de Nadal organizada polo Concello de Verín entre os días 4 e 8 de decembro na Praza García Barbón.

A programación oficial foi presentada esta mañá no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín polo concelleiro de Transportes, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo Feijóo e pola concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza Basalo.

Segundo destacou Manuel Feijóo, «instalaranse na feira un total de vinte postos temáticos que contarán cunha completa e variada oferta de produtos de artesanía e alimentación, sen esquecernos tampouco do xénero máis típico de nadal como son os agasallos artesáns, a decoración variada ou as típicas figuras para a árbore».

Unha das novidades desta Feira será a animación musical diaria. «Para esta edición preparamos unha selección musical moi especial, e fixémolo contando co talento dos nosos propios veciños e veciñas», explicou Emilia Somoza. Para iso instalarase un pequeno escenario no centro da Praza García Barbón no que os asistentes poderán desfrutar coas actuacións de Vitoria Pérez & David  Rodríguez, Nerea Xusto,  Coral de Verín, Cuarteto  Nova Era, Conservatorio de Musica de Verín e da actuación de Todo Fitness.

Tamén haberá un espazo dedicado aos máis pequenos da casa que recibirán a visita de dúas das figuras  máis tradicionais do Nadal, como son o Apalpador e Papa Noel. Tamén, desde o luns 6 ao mércores 8 decembro, haberá un servizo de ludoteca infantil no que os nenos e nenas poderán gozar de divertidas actividades lúdicas.

 

Programación

 

SÁBADO 4 DE DECEMBRO

12:00   Apertura da feira

17.30   Vista do Apalpador

18.30   Concerto Victoria Pérez & David Rodríguez

22:00   Peche da feira

 

DOMINGO 5 DE DECEMBRO

12:00   Apertura da feira

17.30   Visita de Papa Noel

18.30   Concerto de Nerea Justo

22:00   Peche da feira

 

LUNS 6 DE DECEMBRO

12:00   Apertura da feira

19.00   Concerto Cuarteto Nova Era

22:00   Peche da feira

 

Ludoteca infantil 12:00 a 14:00h | 16:00 a 20:00h

 

MARTES 7 DE DECEMBRO

12:00   Apertura da feira

18.30   Concerto Coral de Verín

22:00   Peche da feira

 

Ludoteca infantil 12:00 a 14:00h | 16:00 a 20:00h

 

MÉRCORES 8 DE DECEMBRO

12:00   Apertura da feira

17:30   Actuación Todo Fittness

18.30   Concerto Conservatorio

22:00   Peche da feira

 

Ludoteca infantil 12:00 a 14:00h | 16:00 a 20:00h