“O Camiño do Afiador” do Mago Teto, no Auditorio de Verín Imprimir
Luns, 18 Outubro 2021 10:28

 O domingo 24 de outubro, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle o espectáculo de ilusionismo para todos os públicos “O Camiño do Afilador”, que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos trinta, herdada polo Mago Teto dos seus ancestros.

O afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX (e practicamente extinguido no século XX) desprazábase centos ou milleiros de quilómetros por uns meses, mesmo anos, coa única compaña da súa roda. Miles de historias e aventuras doutros tempos chegan á escena coa axuda do ilusionismo.

Devandito espectáculo está enmarcado dentro do Programa de Dinamización da Lingua Galega “Falaredes 2021” dentro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo da Xunta de Galicia. A entrada ao evento será libre e gratuíta ata completar o aforo.