A área de Servizo Sociais do Concello de Verín presenta o proxecto de voluntariado senior “Vivir ben, sentirse mellor” |
|
Luns, 26 Xullo 2021 11:04 |
O Concello de Verín, por medio do departamento de Servizos sociais e da Oficina Xuvenil/Omic, pon en marcha o proxecto "Vivir ben, sentirse mellor", subvencionado pola Consellería de Política social, está dirixido á comunidade local, e desenvolverase mediante a creación dun VOLUNTARIADO SENIOR, (persoas de 55 ou mais anos) que estean dispostas a colaborar responsable e solidariamente na cobertura das necesidades comunitarias e programas sociais como poden ser o de axuda alimentaria, a animación e promoción do ocio saudable nas persoas maiores, as novas actividades adaptadas ao escenario Covid-19, etc...
As persoas interesadas en formar parte deste voluntariado poden dirixirse á Casa da Xuventude (Avda de Portugal, 11-bis. Verín) en horario de 09,00 a 14,00 h para a correspondente información e inscrición, ou ben chamando ao número de teléfono 988414776. |