O Concello de Verín convoca a comisión de control, con presenza sindical, coa finalidade de revisar o último proceso selectivo para o posto de traballador social do SAAD |
Luns, 07 Xuño 2021 14:16 |
Ante o resultado obtido no último proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun traballador ou traballadora social para o servizo municipal de Dependencia, desde o grupo de goberno do Concello de Verín infórmase que: A concelleira responsable da área de Persoal, Rosario Rodríguez -en aras da transparencia- convocará a correspondente comisión de control dos procesos selectivos, que está conformada polos sindicatos. Devandita comisión será a responsable de realizar unha revisión pormenorizada de todo o proceso selectivo, así como da documentación pertinente, e de emitir o ditame correspondente.
|