A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, organiza dúas misións empresariais e 1 seminario empresarial transfronteirizo en formato on-line Imprimir
Mércores, 02 Xuño 2021 15:30

 A  Eurocidade organiza nos días 9 e 17 de xuño 2021 as misións empresariais e o 15 de xuño 2021 o Seminario empresarial.


A actividade divídese en tres fases: unha fase inicial de informar e recoller información, unha segunda fase de formar nas tecnoloxías que máis interesen ao tecido empresarial e emprendedor do territorio, e unha terceira, na que se axudará a crear iniciativas, desenvolver ideas e expor novos desafíos para novos tempos.

A  Eurocidade considera a dixitalización un reto, implica traspasar a fronteira do coñecido para penetrarse nunha nova realidade na que a tecnoloxía se converte nun factor crave nos procesos produtivos, o comercio, o turismo e na relación co consumidor. A actividade económica necesita da innovación, e innovar da man de ferramentas tecnolóxicas como o  ecommerce, as redes sociais, a realidade aumentada ou virtual, e o internet das cousas, é case unha obrigación. 

Esta actividade contemplará catro salgas simultáneas con diferentes temáticas, onde os empresarios deberán encadrarse en función das súas necesidades:

• Marketing dixital (redes sociais)

• Turismo 2.0

• Industria 4.0

• Comercio electrónico

Ao longo destas xornadas coñeceremos o perfil dos empresarios, estudaremos as sinerxías entre eles, proporcionarémoslles ferramentas que poidan axudarlles nas súas necesidades, sementaremos unha dose de coñecemento e de posibilidades e aplicacións no contexto da  Eurocidade, finalizarase cun  networking entre empresarios e especialistas para alcanzar os seus desafíos,  minorando os obstáculos e presentando as súas oportunidades de negocio, xerando e intercambiando ideas.

 Para participar nestas actividades pode inscribirse en:  https://hopin.com/events/digitalizacion-retos-transfronterizos

Estas accións son unha actividade do proxecto europeo  Eurocidade_2020, que se enmarca no programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), con financiamento FEDER. O proxecto ten como obxectivo consolidar a  Eurocidade  Chaves-Verín como ferramenta de integración europea e de desenvolvemento sostible. O curso forma parte a actividade “ Eurocidade Intelixente: innovación, emprendemento e internacionalización como piares da xeración de emprego e riqueza”, finalizado a capacitar aos emprendedores, desempregados e empresarios da  Eurocidade para a creación dos seus negocios, a cooperación entre empresas e empresarios e satisfacer a demanda de profesionais do mercado.