Verín pasa a nivel medio-baixo de restricións Imprimir
Xoves, 13 Maio 2021 19:04

 En vista da actual evolución epidemiolóxica e da situación asistencial, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as novas medidas de prevención destinadas a evitar a propagación da COVID-19 en #Galicia. Segundo o decretado, o Concello de Verín pasa a nivel medio-baixo de restricións.

As novas medidas entrarán en vigor a partir de mañá venres 13 de maio, ás 00:00 horas. Ás principais novidades son as seguintes:

  • HOSTELERIA: 50% interior e 75% exterior.
  • LUGARES DE CULTO: ao 50%.
  • MERCADOS AIRE LIBRE: Con menos de 150 postos, aos 100%
  • XIMNASIOS E PISCINAS: 50% de aforo da sala e 30% de aforo en vestiarios.
  • ACTIVIDADES DIRIXIDAS: un máximo 4 persoas (máis monitor) en interior e de 6 en exterior.
  • EVENTOS DEPORTIVOS CON PÚBLICO: ao 50% cun máximo de 500 en interior e 1.000 en exterior.
  • BIBLIOTECAS: ao 30% da súa capacidade.
  • AUDITORIOS CINEMAS E TEATROS: ao 30%, máximo 500 persoas en interior e 1.000 en exterior
Lembra que Galicia xa NON está pechada perimetralmente.
  • ELIMÍNASE o toque de queda, agás para os concellos en nivel máximo.
  • REUNIÓNS
- Máximo 6 persoas en exterior y 4 en interior.
- Prohibidas as reunións de non conviventes entre a 01:00 e as 06:00 horas.

Máis información no DOG: https://cutt.ly/3bJgJBs

Resumo medidas nivel medio-baixo de restricións: https://cutt.ly/qbJgAMP