Oferta de emprego laboral temporal | Dous prazas de auxiliar de Policía Local Imprimir
Xoves, 13 Maio 2021 14:49

 PRAZAS: DUAS (2) Auxiliar da Policía Local do Concello de Verín.

MODALIDADE CONTRACTUAL, CATEGORÍA E DURACIÓN: A modalidade contractual será a dun contrato de acumulación de tarefas, que regula o artigo 15.1-b) do Real Decreto lexislativo 2/2015 do 23 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, exercendo as funcións de Auxiliares da Policía Local, e por mor da tempada de verán do ano 2021 (4 meses).

PROCEDEMENTO SELECTIVO: Oposición libre con dúas fases (oposición e curso de formación selectivo a realizar na Academia Galega de Seguridade)

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Verín durante o prazo de 10 días naturais dende o día seguinte a publicación deste anuncio.

DOCUMENTACIÓN: Xuntarase á instancia a documentación que figura na cláusula 3ª das Bases que están expostas no taboleiro de anuncios do Concello de Verín.