Dez colectivos elaboran, altruistamente e con fins sociais, coplas para “os Maios” de Verín Imprimir
Xoves, 29 Abril 2021 11:32

 Segundo confirmou esta mañá a concelleira da área de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, son dez os colectivos que traballaron na elaboración das tradicionais coplas dos Maios. Ao igual co ano pasado, Verín celebrará esta senlleira festa mantendo a elaboración dos versos pero adaptados e optimizados para a súa lectura e difusión a través de internet e dispositivos móbiles.


Somoza quixo destacar o «extraordinario esforzo e a implicación» que continúan a demostrar todos os colectivos participantes «posibilitando, gracias seu gran traballo, que entre todos e todas manteñamos viva a esencia desta tradicional festa no actual contexto de limitacións provocado pola pandemia da Covid-19».


A concelleira de Festexos tamén agradeceu o «altruísmo e compromiso social das asociacións que, ao igual q os colexios e institutos que elaboran as coplas, non recibirán este ano ningún tipo de contraprestación por participar», permitindo así  que o Concello  poida doar íntegra a cantidade  orzamentada para os Maios ao programa de atención ás necesidades básicas de persoas da comarca de Verín do C.D.R. Portas Abertas.


Os colectivos que están a elaborar coplas son os seguintes: IES Xesús Taboada Chivite, Colexio Plurilingüe María Inmaculada, oColexio Apostólico Mercedario, o CEIP Princesa de España, o CEIP Amaro Refojo e o CRA Monterrei; e pola Asociación de Mulleres Rurais Flor da Xesta, o Conservatorio de Música de Verín, o Maio dos Patos e, como xa vén sendo habitual neste Certame en lembranza da persoa que recuperou a tradición dos Maios en Verín,  da Asociación Verinense de Amigos da Música.


A Celebración dos Maios en tempos de Covid-19

Ao non ser posible a venda das coplas e a recadación de fondos solidarios para as asociacións participantes, así como a elaboración dos Maios Florais, debido ás restricións derivadas do actual situación sanitaria provocada pola pandemia, o Concello de Verín  mantén o formato creado a pasada edición, destinando a cantidade orzamentada para devanditos festexos a fins solidarios.