O Concello de Verín pon en marcha un novo servizo gratuíto de información vía WhatsApp no que se ofrece toda a actualidade de servizo público e de interese para a cidadanía.
A comunicación a través de WhatsApp permitirá aos usuarios desta aplicación ter á súa disposición información en tempo real e de maneira continuada nos seus dispositivos móbiles, podendo desta forma, estar ao tanto da información municipal máis relevante; axenda cultural, noticias, alertas de última hora, eventos, cursos, lecer, etc.
Establecerase unha canle de comunicación unidireccional a través do servizo de mensaxería WhatsApp, por tanto, non se responderá a ningunha mensaxe nin se atenderán consultas personalizadas. O servizo prestarase exclusivamente mediante listas de difusión e en ningún caso farase uso dos grupos de devandita aplicación.
Como me dou de alta? - Memorizar na axenda de contactos do teléfono móbil o número 663 98 79 01, por exemplo co nome “Actualidade Municipal Verín”. - Enviar unha mensaxe coa palabra ALTA. - Recibirás un whatsapp de notificación, quedando activado o servizo nas 24 horas seguintes.
Como me dou de baixa? - Todos os usuarios poden solicitar a súa baixa no servizo en calquera momento, enviando unha mensaxe ao mesmo número coa palabra BAIXA. - Recibirás un WhatsApp de notificación.
NORMAS DE USO
• As mensaxes informativas faranse mediante listas de difusión, é dicir serán mensaxes puntuais e unidireccionais que envíe o Concello, e non grupos onde se interactúe entre os seus membros.
• En ningún caso responderase a dúbidas, queixas ou consultas, para iso están as canles habituais do Concello. Só emitiranse mensaxes predefinidos de confirmación de alta e baixa no servizo.
• Non está permitido incluír o contacto “Actualidade Municipal Verín” en grupos de WhatsApp.
• Os usuarios non poderán enviar mensaxes inadecuadas ao servizo de información vía WhatsApp do Concello, este tipo de mensaxes considerarase como mal uso do servizo e iso supoñerá a suspensión do servizo a ese contacto e o seu bloqueo, se así se estíma oportuno.
O Concello de Verín resérvase o dereito para modificar estas normas se así o considera necesario.
|