Inauguración das Feiras do Libro e Artesanía do Lázaro 2018 Imprimir
Venres, 16 Marzo 2018 21:04

Hoxe, ás 19:30 horas, a praza da Mercé acolleu a inauguración da segunda Feira do Libro do Lázaro, organizada pola Federación de Libreiros de Galicia e o Concello de Verín, en colaboración coa Consellería de Cultura. O pregón correu a cargo de Elena Gallego.

Ao acto inaugural, que foi presidido pola concelleira de Cultura do Concello de Verín, Emilia Somoza, acudiu; José Manuel García, presidente da Asociación de Libreiros de Ourense; Manuel Doval, deputado de Cultura da Deputación de Ourense e Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Ao finalizar o acto, os representantes institucionais realizaron un percorrido polos stands de artesanía e librarías.