Día Mundial da Infancia Imprimir
Venres, 15 Maio 2009 11:19
O Pavillón Municipal de Deportes de Verín acollerá durante os días 1 e 2 de xuño a celebración do Día Mundial da Infancia, organizado no ámbito da Eurocidade Chaves-Verín. Unhas xornadas, celebradas o ano anterior en Chaves, que buscan promover o intercambio social entre as poboacións das dúas localidades, espertar o interese polo cultura e o deporte, e promover unha ocupación saudable do tempo de lecer entre os ‘eurocidadáns’.

As actividades que se realizarán, durante os dous días, son: obradoiros de maquillaxe e globoflexia, espectáculo circense, actuacións da Tuna de Chaves, dos/as alumnos/as da Banda de Gaitas do Concello de Verín e profesores da Escola de Música de Chaves. Ademais, todos os asistentes recibirán agasallos e un picnic por parte da organización.

En devanditas actividades, que se desenvolverán entre as 11 e 13 horas, participarán 3.000 nenos/as de diversos centros educativos de Chaves e Verín entre os 3 e 10 anos, o que supón un total de 1.500 cada día.