Día das Letras Galegas en Verín Imprimir
Venres, 15 Maio 2009 11:17
O Concello de Verín celebrará o Día das Letras Galegas cunha Gala Músico-Literaria na Casa da Cultura, o próximo 17 de maio a partir das 19 horas. Nese acto vanse entregar os premios do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, nos que participaron colexiais de oito centros da comarca de Verín: CEIP O Castiñeiro de Laza, CEIP de Oímbra, CEIP Amaro Refojo, Colexio María Inmaculada, Colexio Apostólico Mercedario, IES Castro de Baronceli, IES Xesús Taboada Chivite e IES García Barbón de Verín.

O Grupo Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín presentará na Gala diversas harmonizacións de música popular galega para as características específicas desta formación.