Charlas-coloquio dentro do programa ‘Concellos Saudables’ Imprimir
Venres, 15 Maio 2009 11:17
O próximo 20 de maio, a partir das 19.30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Verín a charla-coloquio ‘Conceptos de alimentación para a saúde’, impartida por José Antonio Viso. Este diplomado en enfermería presentará aos asistentes os diferentes conceptos de alimentación, como proteínas e carbohidratos, e a súa consumición para lograr unha correcta alimentación, sen esquecer as patoloxías específicas de cada persoa.

E na xornada do 3 de xuño, a partir das 20.30 horas, e tamén na Casa da Cultura presentarase o relatorio ‘Cadeira, xeonllo e artrose. Patoloxías e exercicios prácticos’, a cargo de Alberto Fidalgo Pompero, diplomado en fisioterapia.

As dúas actividades, englobadas dentro do programa Concellos Saudables, están organizada polo Concello de Verín.