Participación de Verín no IV Grande Desfile da Máscara Ibérica Imprimir
Venres, 15 Maio 2009 11:15
Durante os días 16 e 17 de maio, o concello de Verín participará nos actos do IV Grande Desfile da Máscara Ibérica, organizado en Lisboa por Progestur, EGEAC e a Associação de Turismo de Lisboa.

Neste evento, no que participan 700 persoas de trinta grupos de diferentes rexións da Península Ibérica -Castela e León, Extremadura, Asturias, Galicia e Cantabria (España), Nordeste Trasmontano e Região Centro (Portugal)-, asistirán 24 cigarróns e 25 membros da banda de gaitas do Concello de Verín.

Este ano o IV Desfile Máscara Ibérica comeza ás 17.30 horas, na praça do Município, e continúa polas rúas Ouro, Assunção, Augusta finalizando na praça do Rossio.