Luis Meiriño, novo concelleiro do Partido Popular en Verín Imprimir
Venres, 15 Maio 2009 11:15
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, presentou esta mañá en rolda de prensa ao novo concelleiro do Partido Popular, Luis Meiriño Vieytes, que substituirá no grupo de goberno a María del Carmen Pardo López, actual Secretaria Xeral para o Turismo. Este novo concelleiro encargarase da área que ata o momento ocupaba Pardo López, que é a de Promoción Económica, que inclúe: turismo, comercio, Eurocidade Chaves-Verín, consumo, agricultura e industria.