Dramatización sobre Ramón Piñeiro Imprimir
Mércores, 13 Maio 2009 10:27
A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá, a partir de 20.15 horas, unha dramatización sobre o escritor Ramón Piñeiro López, a quen lle esta adicado este ano o Día das Letras Galegas.

Durante máis de hora e media, Brais Fernández transmitirá aos asistentes, de modo didáctico, a figura e obra deste escritor. A actividade está organizada polo Concello de Verín co apoio da Editorial Galaxia.