Día das Letras Galegas na Biblioteca Pública Municipal de Verín Imprimir
Martes, 12 Maio 2009 10:01
O venres 15 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Ramón Piñeiro López, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá, entre as 18 e 19 horas, as seguintes actividades, destinadas a nenos de 3 a 10 anos:

- Videoconferencia co Concello de Marín, onde se presentará o libro ‘A miña historia’, composto por vivencias e cantigas populares e realizado polo Servizo de Atención a 3ª Idade deste municipio.

- Canción adicada ao homenaxeado, composta e interpretada por Elena Dapena Souto, unha das socias da Biblioteca Municipal.

- Manualidades para todos/as nenos/as asistentes.
    
A entrada é gratuíta cun límite de 30 prazas, baixo o criterio de orde de inscrición.