Presentación da 'Guía imprescindible de electroestimulación' Imprimir
Venres, 27 Marzo 2009 11:14
A Casa da Cultura de Verín acollerá o próximo luns 6 de abril, a partir das 20.15 horas, a presentación do libro Guía imprescindible de electroestimulación de Piti Pinsach.

Nesta conferencia, na que colabora o Concello de Verín, exporánse os beneficios da electroestimulación para o aumento do ton, forza e masa muscular, diminución do porcentaxe de graxa, masaxe, rehabilitación e recuperación funcional, e melloras do rendemento deportivo.

Piti Pinsach Ametller, relator en convencións internacionais, é autor doutros libros como Curso de Preparador Físico y Fitness. Metodología del Entrenador Personal o Manual del Entrenador Personal. Del Fitness al Wellness.