Obradoiro de maquillaxe para nenos/as Imprimir
Luns, 16 Febreiro 2009 12:02
A Biblioteca Municipal de Verín acolle os días 19 e 20 de febreiro, desde as 18 ás 20 horas, un obradoiro de maquillaxe para nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. A actividade, impartida por videoconferencia desde Ferrol, está organizada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual-Cidades Dixitais e o Concello de Verín. Para participar nela é necesario inscribirse na propia Biblioteca Municipal.