Conmemoración do 60 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos Imprimir
Martes, 09 Decembro 2008 15:49

O Concello de Verín, con motivo do 60 aniversario da Declaración dos Dereitos Humano, organiza a un maratón de relatos, no que intervirán persoas das distintas nacionalidades e etnias que viven na comarca de Verín. O acto para a infancia e a mocidade terá lugar ás 18 horas, na Casa da Cultura; e para os adultos, ás 19 horas, na Biblioteca Pública Municipal. Esta actividade, organizada pola Delegación Municipal de Cultura, conta coa colaboración das oficina municipais de Educación Familiar, Plan Xitano,  Desenvolvemento e Actuación de Acollida e Integración de Persoas Inmigrantes, e a Biblioteca Pública Municipal.