Exposición fotográfica: “Monterrei. Natureza e Istoria” Imprimir
Martes, 11 Novembro 2008 11:44
A Casa do Escudo de Verín acolle ata o día 27 de novembro a mostra Monterrei. Natureza e Istoria. A bisbarra en fotos, organizada por Eduardo Castro, en colaboración con Cruz Vermella, Sociedade Cultural do Camiño e o Concello de Verín.
Esta exposición colectiva, conformada por fotografías de afeccionados, busca transmitir o patrimonio histórico e natural existente non só na comarca de Verín-Monterrei senón tamén na de Conso-Frieiras. Devandita mostra articúlase en dúas vertentes: fotos fixas ampliadas e imaxes proxectadas, todas elas relacionadas coa natureza e a historia.

A exposición poderase visitar do 12 ao 27 de novembro, de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e 16.30 ás 20.30 horas.