Apertura do prazo de matriculación de cursos para mulleres desempregadas e activas Imprimir
Mércores, 27 Agosto 2008 09:05
Desde o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Verín e o Centro de Teleservicios-Aula Multimedia (Cidades Dixitais) infórmase da apertura do prazo de matriculación dos cursos relacionados coas novas tecnoloxías para mulleres desempregadas e activas -en convenio co Instituto da Muller do Ministerio da Igualdade-.
Nestas accións formativas, que darán comezo o día 8 de setembro na Aula Multimedia do Concello de Verín, impartiranse as seguintes materias: Oracle, Visual Basic, Programación Java, Microsoft Office, Windows XP e Internet, Creación de páxinas web, Deseño Gráfico, Deseño Publicitario, Inglés Inicial e Intermedio, Contaplús, Facturaplús e Nominaplús. Devanditos cursos, autoformativos e co apoio dunha monitora de coordinación, son un para un máximo de 12 usuarias por curso; e os horarios son os seguintes: de 10 a 12, de 16 a 18 e de 20 a 22 horas -este último destinado a mulleres traballadoras-.

As inscricións deben realizarse na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín ou no teléfono 988-414776.