Carta de presentación do Centro de Día de Verín Imprimir
Mércores, 03 Xullo 2019 13:37


Benqueridos conveciños:

Como sabedes, este Concello vén de por en marcha o servizo do Centro de Día para Maiores de Verín, que xa ten as súas portas abertas nos baixos do que era antigua praza de abastos da vila.

Era un dos nosos principais obxectivos, pois este municipio, cunha importante demanda deste servizo, non podía permitirse pasar máis tempo sen contar cunha instalación destas características, que lle ofertase ás familias con maiores ao seu cargo a posibilidade de mellorar a saúde física e psíquica dos seus familiares cos diferentes programas de atención previstos pola empresa concesionaria.

Así, logo dunha inversión de case 200.000 euros satisfeitos íntegramente cos impostos dos verinenses, o pasado 8 de abril comezou a prestar os seus servizos o Centro de Día, ampliando nun cincoenta por cento as horas que os centros da Xunta ofrecen nas súas instalacións. No de Verín, os maiores que o precisen teñen abertas as portas dende as oito da mañá ata as oito da tarde, de luns a venres, e tamén os sábados dende as oito e ata as dúas da tarde.

AXUDAS Á DEPENDENCIA

Os Servizos Sociais do Concello de Verín tramitarán de balde a solicitude ás axudas á Dependencia da Xunta de Galicia, que unha vez concedidas a cada usuario, minguarán o importe máximo previsto e aprobado por este Concello de 420 euros a xornada completa e

210, a media xornada. Isto implica que, no caso de que a renda do maior non lle permita obter axuda algunha, polas doce horas de estancia diarias de luns a venres e as seis do sábado, todo do mes, só se pagará un máximo de 420 euros cos impostos xa engadidos.

PREZOS MÁXIMOS APROBADOS

Na seguinte táboa achéganse os prezos máximos aprobados polo Concello de Verín polos diferentes servizos contratados, nos que se inclúen algúns extraordinarios como os de podoloxía, perruquería, fsioterapia ou acompañamento ás consultas médicas ou xestións.

INMINENTE POSTA EN MARCHA DO COMEDOR SOCIAL E DA LAVANDARÍA

Aínda que inicialmente non estaba previsto ofertar estos servizos para a cidadanía que non sexa usuaria do Centro de Día, este Concello, dando resposta a numerosas peticións e consciente das necesidades económicas de algunhas unidades familiares, aproveitando instalación anexas as actuáis, ofrecerá a posibilidade de que todas aquelas persoas con rendas baixas e que así o acrediten perante a ofcina dos Servizos Sociais de Verín dispor do comedor do Centro de Día para xantar ou cear a un prezo máximo de 6 euros por menú, que contará cun primeiro prato, un segundo, postre, auga e café.

Os menús que se ofrecerán estarán adecuadas as diferentes patoloxías que os demandantes deste servizo acredite, ademáis de estar supervisados diariamente por un facultativo.

Aquelas persoas que así o soliciten tamén terán ao seu dispor un completo servizo de lavandería a prezo reducido, do que poderán facer nos horarios establecidos ao efecto.

Este alcalde, así como o concelleiro de Servizos Sociais e todo o equipo de técnicos do deparmento municipal quedan ao seu dispor para cantas dúbidas e consultas desexen formular. Tamén no propio  Centro de Día -no baixo da vella praza da abastos- poderán informalos debidamente.

O alcalde

Gerardo Seoane Fidalgo