Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
O Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións da película "Matusalén” no Salón de Actos da Casa da Cultura PDF Imprimir Correo-e
Martes, 02 Abril 2024 10:39

Os días 5, 6 e 7 de abril, o Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións da película "Matusalén” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
Eurocidade presenta os resultados do proxecto Erasmus + "Xóvenes Embaixadores Dixitais" PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 Marzo 2024 16:59

A presentación dos resultados do proxecto Erasmus+ "Xóvenes Embaixadores Dixitais para PYME" terá lugar o día 26 deste mes, ás 10H30 ES, na sede da Eurocidade Chaves-Verín, AECT. O evento final do proxecto reflicte a relevancia que esta iniciativa tivo entre os xóvenes e a súa relación coas PYME do territorio. O evento non require rexistro e estará aberto ao público.

Ler máis...
 
O FIC Vía XIV de Verín, que xa ten datas para a súa IX edición, apadriñará o Festival Entre Curtas de Chaves, que se celebra por vez primeira neste 2024 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 20 Marzo 2024 11:25

O Fic Vía XIV de Verín xa ten datas para a celebración da súa IX edición, unha convocatoria que chegará “cargada de novidades que se irán anunciando paseniñamente”, tal e como salienta o seu director, Carlos Montero. En concreto, o festival vaise desenvolver entre o 29 de agosto e o 8 de setembro coa idea de que a súa programación paralela “abranga dúas fins de semana e impactar así no maior número de persoas posible”, engade Montero.

Ler máis...
 
Os stands participantes danlle un “sobresaínte” a organización do Lázaro 2024 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 18 Marzo 2024 14:44

Esta mañá, o concelleiro da área de Transporte, Feiras e Xuventude,  Manuel Lorenzo, e a concelleira de Festexos, Cultura, Turismo e Conservatorio, Samanta Barreira, realizaron un balance «máis que positivo» dos resultados da Feira do Lázaro de Verín, celebrada entre os días 16 e 17 de marzo no Pavillón Municipal de Deportes. Baseándonos no cuestionario realizado polo Concello de Verín aos expositores participantes, o resultado é que os stands enquisados dan un sobresaínte á organización xeral do evento e aproban as vendas acadadas.

Ler máis...
 
A remunicipalización do Servizo de Augas e Saneamento de Verín ofrecerá unha xestión directa «máis sostible e eficiente» PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Marzo 2024 20:08

Esta mañá tivo lugar na casa consistorial de Verín un pleno extraordinario no que se aprobou definitivamente a remunicipalización do Servizo Municipal de Augas e Saneamento, co obxectivo de realizar una xestión directa «máis sostible e eficiente».

Ler máis...
 
Trece establecementos hostaleiros participan na primeira edición do Concurso Gastronómico “Pincha no Lázaro” PDF Imprimir Correo-e
Luns, 11 Marzo 2024 14:36

A área de Feiras do Concello de Verín vén de anunciar a primeira edición do concurso gastronómico "Pincha no Lázaro". Do 14 ao 16 de marzo, tanto veciños como visitantes terán a oportunidade de converterse en críticos gastronómicos e elixir o seu pincho favorito. Ademais, os participantes optarán a un bono de 100 para desfrutar en calquera dos establecementos de hostalería que participen no concurso.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 807

?>