Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
O 3º Festival Internacional da Palabra programa 12 actos en catro días PDF Imprimir Correo-e
Martes, 29 Xullo 2008 12:21
Unha ducia de actuacións para os públicos máis diversos, coa palabra como  motivo vertebrador, desenvolveranse en Verín, entre xoves día 31 de xullo e o domingo día 3 de agosto, na 3ª edición do Festival Internacional da Palabra. A actuación da compañía barcelonesa Teatre Arca e un concerto-homenaxe ao músico popular Manuel Rodríguez “Manoliño” destacan nunha programación que se clausurará a última hora do domingo día 3 co recital-presentación do libro A vida nova de Madame Bovary do autor verinense Xosé Carlos Caneiro.
Ler máis...
 
Firma dun convenio co BBVA para a obtención de microcréditos PDF Imprimir Correo-e
Martes, 29 Xullo 2008 12:14
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o director da sucursal BBVA en Verín, Carlos Vales, asinaron un convenio de colaboración para a obtención de liñas de financiamento específicas, enmarcado dentro do Plan Director Municipal de Incentivo ao Emprendedor, que ten como fin: incorporar ás novas xeracións ao mundo empresarial, rexeneración socioeconómica, fixación da poboación e necesidade de desenvolvemento da actividade económica -ligada aos recursos endógenos para a súa posta en valor e aproveitamento-.
Ler máis...
 
Convenio co Banco Pastor para a rehabilitación de inmobles no casco histórico PDF Imprimir Correo-e
Luns, 21 Xullo 2008 13:10
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o director rexional do Banco Pastor, Francisco Javier Barra Caseda, asinaron un convenio de colaboración no que se recollen as condicións financieras específicas que a entidade bancaria aplicará aos interesados na rehabilitación de vivendas no casco antigo da localidade.
Ler máis...
 
'Encustraciones', de Julio Pousada PDF Imprimir Correo-e
Luns, 21 Xullo 2008 13:07
Desde hoxe e ata o 30 de xullo, a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición “Encustraciones. El arte que promueve al arte”, do verinense Julio Pousada.
Ler máis...
 
Actuación de O Fiadeiro na Praza Maior de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 21 Xullo 2008 13:03
Mañá, 19 de xullo, ás 23 horas o grupo de baile O Fiadeiro representará Esta noite hai unha fía na Praza Maior de Verín. Esta actuación atópase enmarcada dentro do ciclo danza3 -programa Cultura Vai 2008- organizado pola Consellería de Cultura e Deporte en colaboración co Concello de Verín.
Ler máis...
 
Concerto da Capela Compostelana na igrexa dos Padres Mercedarios PDF Imprimir Correo-e
Luns, 21 Xullo 2008 11:12

 

Mañá, 18 de xullo, ás 20.30 horas a Capela Compostelana actuará por primeira vez en Verín (na igrexa dos Padres Mercedarios). O concerto enmárcase no ciclo Via Stellae – III Festival de Música de Compostela e os seus Camiños, que organiza a S.A. de Xestión do Xacobeo, e conta en Verín coa colaboración do Concello de Verín e da Comunidade Mercedaria.  A Capela Compostelana interpretará catro obras para viola de Marin Marais da serie La Chambre du Roy. O grupo está formado por Francisco Luengo e Xurxo Varela, viola da gamba; Felipe Sánchez, guitarra barroca, e Bruno Forst, clave.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 801 802 803 804 805 806 807 808 Seguinte > Final >>

Páxina 805 de 808

?>