Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
A sede da Eurocidade Chaves – Verín, AECT acolle as xornadas "Novas ruralidades. Un futuro novo e prometedor" PDF Imprimir Correo-e
Luns, 20 Novembro 2023 17:10

A Fundación Galicia Europa, xunto aos seus socios do proxecto EUROCIDADE_2030, organizan unha iniciativa que se celebrará na sede da Eurocidade Chaves – Verín, AECT os próximos días 24 e 25 de novembro. Baixo o título «Novas ruralidades. Un futuro novo e prometedor», esta iniciativa consistirá en dúas xornadas completas especialmente deseñadas para compartir, indagar e descubrir as oportunidades que brinda a nosa contorna para o futuro das novas xeracións.

Ler máis...
 
IV GALA DE IGUALDADE ANPA CMUS VERIN: Celebrando a equidade a través da Música PDF Imprimir Correo-e
Luns, 20 Novembro 2023 15:25

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA), en colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Verín e a área municipal de Cultura, Festexos, Turismo e Conservatorio, organiza a súa cuarta edición “Gala de Igualdade”, que terá  lugar o Auditorio Municipal de Verín o vindeiro venres 24 de novembro ás 19:15 horas.

Ler máis...
 
O Concello oferta un curso oficial, gratuíto para desempregados, de socorrismo en instalacións acuáticas PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 11 Novembro 2023 10:09

O Concello de Verín impartirá un curso oficial,  gratuíto para  desempregados, de socorrismo en instalacións acuáticas.

Ler máis...
 
O alumnado verinés descubre o legado artístico de Castelao na Sala de Exposicións do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 10 Novembro 2023 12:25

O alumnado de 4º de Educación Secundaria do colexio Plurilingüe María Inmaculada visitou a mostra Castelao Grafista (Fascímile), situada na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Verín. Nestas actividades programadas para os grupos escolares búscase, a través dos retratos e autorretratos que se exhiben na mostra, a clasificación da personalidade de Castelao. Os estudantes foron recibidos nas instalacións municipais pola concelleira de Cultura, Samanta Barreira.

Ler máis...
 
Castañas gratis e foliada na Praza García Barbón de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Novembro 2023 10:48

O vindeiro sábado, 11 de novembro, o Concello de Verín celebra un magosto popular na Praza Maior da vila.

Ler máis...
 
España derrota a Portugal en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Novembro 2023 10:06

Galicia leva en voandas á campioa de Europa. España e Portugal evidenciaron que a súa rivalidade vai máis aló do que haxa en xogo. Sempre son partidos que se xogan á máxima intensidade e nos que se quere deixar claro que hai que ser superior ao rival. E así o fixeron ambas as seleccións, sabendo que é un partido que pon a primeira pedra para os grandes partidos que esperan no horizonte de 2025 co Mundial e o Europeo. De momento, as de Clàudia Pons levaron o primeiro asalto.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 807

?>