A Eurocidade Chaves-Verín, foco de interese académico e institucional
Venres, 27 Febreiro 2009 11:39
Seminario temático: “As conurbacións transfronteirizas: potenciación da gobernanza interna”
O vindeiro 12 de marzo terá lugar no Auditorio do Centro Cultural de Chaves o primeiro seminario temático do proxecto “URBACT: EGTC”. Este proxecto, enmarcado no programa europeo URBACT e encabezado pola MOT (Misión Operacional Transfronteiriza), pon en rede a varias aglomeracións transfronterizas de Europa e pretende realizar intercambios e traballos sobre o desenvolvemento das súas ferramentas de goberno transfronteirizo local.
O proxecto da Eurocidade Chaves-Verín recibe un impulso de 1.333.000 euros
Venres, 27 Febreiro 2009 11:36
O Comité de Xestión do Programa Operativo de Cooperación Territorial España-Portugal (POCTEP) 2007-2013, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), acordou conceder ao proxecto Eurocidade a candidatura presentada no mes de abril, polo que o 75% do valor solicitado será financiado por este fondo.
1º Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves – Verín
Xoves, 19 Febreiro 2009 18:18
A 1ª edición do “Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín”, que terá lugar entre marzo e xuño de 2009, pretende ocupar o tempo libre dos eurocidadáns de forma saudable, promover o intercambio e a convivencia deportiva, e dinamizar as instalacións deportivas existentes.
Votación popular para a elección da mellor comparsa e carroza
Xoves, 19 Febreiro 2009 10:56
En consonancia co espírito participativo e popular do Entroido, o Concello de Verín promove un concurso para a elección da mellor comparsa e carroza participantes no desfile de Entroido.
Con motivo das festas do Entroido, as dependencias administrativas do Concello de Verín abriranse de 9 a 13 horas os días 20, 23 e 24 de febreiro.
Editada en Verín unha colección de postais sobre o Entroido
Mércores, 18 Febreiro 2009 10:05
O Concello de Verín editou unha colección de 24 tarxetas postais sobre o Entroido, pensadas para invitar á participación nos festexos dun xeito orixinal. Támen aos que nos visitan durante as festas terán nesas postais un recordo do Entroido de Verín plasmada desde unha perspectiva artística.