1ª Reunión sobre seguridade e educación viaria na Eurocidade Chaves-Verín |
|
|
|
Venres, 05 Xuño 2009 11:16 |
A localidade ourensana de Verín acolleu a 1ª Reunión sobre Seguridade e Educación Viaria, á que asistiron representantes das autoridades das forzas e corpos de seguridade portuguesas e españolas, responsables dos ámbitos de seguridade e educación viaria: Capitán Soares da Garda Nacional Republicana, Subcomisario Alves, da Policía de Seguridade Pública, Enxeñeiro Revivas, do gabinete de Protección Civil da Cámara Municipal de Chaves, Paloma Esteban, concelleira de Tráfico de Verín, Dosinda Aguiar, coordinadora de Educación Viaria de Ourense, Emilio Morillo, sarxento da Policía Local de Verín, Fernando Castro, policía local de Verín, Norberto González Trigo, alférez da Garda Civil de Tráfico de Verín, David Llorente, xefe provincial de Tráfico de Ourense e Ana Ladeiras do secretariado técnico da Eurocidade.
|
Ler máis...
|
|
O Proxecto ‘Brújula’ en Verín |
|
|
|
Luns, 01 Xuño 2009 11:48 |
A concelleira de Cultura, María Corona Meixeira Romasanta, e Jesús Pérez, técnico da Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías de Información e Comunicación (Agestic) inauguraron o espazo escénico do proxecto 'Brújula', que se desenvolverá na praza García Barbón de Verín, durante a xornada de hoxe.
|
Ler máis...
|
Preinscrición de matrícula no Conservatorio Elemental de Música |
|
|
|
Luns, 25 Maio 2009 08:15 |
O Conservatorio Elemental de Música de Verín abre o seu prazo de preinscrición de matrícula do curso oficial 2009-2010, para nenos/as que teñan oito anos ou os cumpran antes do 1 de xaneiro de 2010.
|
Ler máis...
|
Presentación da web da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín |
|
|
|
Venres, 22 Maio 2009 14:47 |
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e os concelleiros de Cultura e Deporte, Corona Meixeira Romasanta e Víctor Baladrón Lamas, respectivamente, presentaron a nova web da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín. Este site, ao que se pode acceder dende a web municipal -www.verin.es-, está realizado en galego, castelán e portugués; e os usuarios poden atopar información sobre os seguintes aspectos: catálogo on line (OPAC), Compendio Educativo na Rede (CER), normativa, novedades e actividades realizadas no interior da mesma, campañas de animación á lecutra ou biografía e obra dos escritores da comarca de Verín, entre outros. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 771 772 773 774 775 776 777 778 779 780 Seguinte > Final >>
|
Páxina 775 de 807 |