Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Concello de Verín habilita un aparcadoiro ocasional de 2.000 metros no San Antón para as celebracións de mañá PDF Imprimir Correo-e
Martes, 16 Xaneiro 2024 14:20

Unha parte dos espazos tradicionais de ubicación das fogueiras do San Antón, en Verín, poderanse usar mañá pola veciñanza na secular romaría. Grazas ao acordo temporal acadado entre o Concello e os novos propietarios dos terreos, parte dos pechamentos foron retirados provisionalmente, co cal as zonas adxacentes á capela do santo de Ábedes poderán ser novamente o escenario da reunión de todos os 17 de xaneiro.

Ler máis...
 
“Ser ou estar”: O Concello de Verín presenta o seu cartel oficial do Entroido, creado por Olalla Diéguez Boo PDF Imprimir Correo-e
Martes, 16 Xaneiro 2024 14:00

Presentacion Entroido 2024 Esta mañá o Concello de Verín presentou o seu Cartel Oficial do Entroido 2024, unha creación orixinal da deseñadora gráfica Olalla Diéguez Boo, natural de Matamá. Este cartaz forma parte de campaña publicitaria “Ser ou Estar”, deseñada desde a área de Cultura e Festexos, e que ten como obxectivo potenciar e revalorizar os valores propios do noso Entroido. A presentación correu a cargo do alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, e da concelleira de Turismo, Cultura e Festexos, Samanta Barreira Vivián.

Ler máis...
 
Máis de oitenta nenos e nenas participan no “Ludonadal” do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Decembro 2023 13:34

Máis de oitenta nenos e nenos están a participar na ludoteca de Nadal do Concello de Verín, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, dependente da Área de Benestar Social.

Ler máis...
 
Compostaxe doméstica, clave para a redución do lixo en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Decembro 2023 12:53

Os residuos orgánicos representan, aproximadamente, a metade dos residuos xerados nos fogares. A súa xestión supón un importante impacto, tanto a nivel medio ambiental como económico.

Ler máis...
 
O alumnado de 2ª ESO do IES Xesús Taboada Chivite presenta as súas propostas de mellora municipais no Concello PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 Decembro 2023 12:54

Como parte dunha iniciativa educativa exemplar, o alumnado de 2ª ESO do IES Xesús Taboada Chivite visitou onte as dependencias do Concello de Verín para presentar formalmente unha batería de propostas de mellora municipais. Este encontro proporcionoulles tamén unha comprensión directa do funcionamento interno desta administración pública.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 968
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>