Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Maiores
Maiores
ov-sas-maiores-acompañote

Programa “Acompáñote” de localización e control.


O sistema de xeolocalización consiste na utilización de dispositivos que trala emisión de alarmas permiten a localización dunha persoa fora do seu domicilio.

Trátase dun pequeno equipo que integra un terminal e un módulo de localización xeográfica vía satélite, conectado cun centro de control durante as 24 horas e dende o que é posible recuperar a posición exacta dunha persoa en calquera momento.
 
ov-sas-maiores-xuntos-no-nadal

Programa “Xuntos polo Nadal”.

Programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopan soas nestas datas, xa sexa pola carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Este programa vaise desenvolver entre o 23 de decembro de 2014 e o 2 de xaneiro de 2015, e comprende os seguintes servizos:
1. Estancia na residencia durante 11 días (10 noites).
2. Aloxamento, en habitacións compartidas, e manutención en réxime de pensión completa.
3. Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense ata as residencias de tempo libre e viceversa.
4. Actividades de animación sociocultural.
5. A recollida das persoas participantes efectuarase o dia 23 de decembro pola mañá e o regreso o dia 2 de xaneiro despois do xantar.
 
ov-sas-maiores-acollemento

Programa de Acollemento familiar para persoas maiores.

O programa de acollemento familiar pretende facilitala integración de persoas maiores e persoas con discapacidade no seo dunha familia que, ademais de proporcionarlle un ambiente e trato familiar, atenda as necesidades derivadas da súa avanzada idade e/ou dependencia.

• Recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema.
• Programa de Respiro Familiar para coidadores de persoas en situación de dependencia.
• Programa de Teleasistencia Avanzada “Mi Avizor”.

 
ov-sas-maiores-axuda-no-fogar

Servizo de Axuda no Fogar


O servizo de axuda no fogar (SAF) é un servizo público de carácter local consistente en ofrecer un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual. O SAF poderá prestarse a calquera persoa ou unidade de convivencia para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De
xeito particular, atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.
Tamén, con carácter subsidiario do programa de educación e apoio familiar , poderá dar unha resposta preventiva, educativa e socializadora fronte a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.
Ler máis...
 

"As persoas de idade deberán permanecer integradas na sociedade, participar activamente na formulación e na aplicación das políticas que afecten directamente o seu benestar e poder compartir os seus coñecementos e habilidades coas xeracións máis novas"

( Principios das Nacións Unidas en favor das persoas de idade. Asamblea xeral das Nacións Unidas do 16 de decembro de 1991- Resolución 46/ 91)

LIÑAS DE ACTUACIÓN

  • Servizo de Axuda no Fogar.
  • Teleasistencia Domiciliaria.
  • Programa de comidas a domicilio “Xantar na casa”.
  • Programa de Transporte Adaptado (065).
  • Programa “Acompáñote” de localización e control.
  • Programa “Xuntos polo Nadal”.


Promoción do envellecemento activo e participación social

  • Centro Sociocomunitario Verín.
  • Programa Turismo Social para maiores IMSERSO.
  • Programa de Termalismo.
  • Programa “Envellece Conmigo” Concello de Verín.
  • Voluntariado.
  • Programa “Termalismo Saudable” (Deputación Ourense 2014).


 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 2
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>