Verín acolle a terceira edición da Festa da Cervexa
Martes, 10 Outubro 2023 12:56
Os vindeiros días 13 e 14 de outubro, o Concello celebrará a terceira edición da Festa da Cervexa de Verín. Será un evento centrado nesta popular bebida que contará con máis de 20 variedades de cervexas nacionais e de importación, e que se complementará con varios stands que mesturarán gastronomía galega e alemá, actuacións musicais de primeiro nivel e animación infantil. Así o confirmaron esta mañá Manuel Lorenzo Feijoó, concelleiro de Feiras e Samanta Barreira Vivián, concelleira de Festexos.
Tras aprobar con 12 votos a favor (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) e 4 votos en contra do Partido Popular a ratificación da urxencia da convocatoria, o presidente do pleno, Gerardo Seoane, someteu a votación a aprobación da acta da anterior sesión ordinaria, quedando ratificada por unanimidade.
Cheo absoluto na primeira proxección infantil do Ciclo Mestre Mateo en Verín
Luns, 09 Outubro 2023 12:12
Hoxe, no Auditorio Municipal de Verín, deu comezo o Ciclo Mestre Mateo coa primeira das proxeccións destinadas ao público infantil. Nesta primeira sesión, un total de 351 nenos e nenas procedentes dos centros educativos da comarca tiveron a oportunidade de desfrutar da película "Valentina", dirixida por Chelo Loureiro. A concelleira de Cultura, Samanta Barreira, foi a encargada de dar a benvida a cativada.
Teatro Rural pola Corresponsabilidade leva "A Misión Secreta de Gala" a Verín
Xoves, 28 Setembro 2023 12:44
O Centro de Información á Muller, en colaboración cos 7 concellos da Mancomunidade de Verín, presenta unha nova actividade enmarcada no proxecto "Teatro rural pola corresponsabilidade". Esta iniciativa ten como obxectivo promover a igualdade e fomentar a participación paterna na educación en valores dos nenos e nenas da rexión a través do teatro. A función de "A Misión Secreta de Gala" , que será de balde, terá lugar o sábado, 7 de outubro, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal.
Cambio de dirección de circulación na Rúa Laureano Peláez de Verín
Martes, 26 Setembro 2023 13:35
O Concello de Verín informa a todos os veciños e veciñas da localidade sobre un importante cambio de dirección de circulación que entrará en vigor o próximo luns 2 de outubro na Rúa Laureano Peláez.