Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Entrega dos xoguetes da campaña “Comparte sorrisos e ilusións” PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 23 Decembro 2010 14:44

O presidente da Câmara Municipal de Chaves, João Gonçalves Martins Batista, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, acompañados por varios concelleiros dos dous municipios, visitaron esta tarde a sede do Patronato de São José e a Escola de Artes e Ofícios para entregar xoguetes aos/ás nenos/as.


Unha actuación organizada pola  Eurocidade Chaves-Verín, Câmara Municipal de Chaves, Concello de Verín, Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) e Pro-Centro (Asociación para a promoción do centro urbano de Chaves), e enmarcada dentro da campaña solidaria ‘Comparte sorrisos e ilusións’, que ten como obxectivo concienciar as dúas poboacións da importancia de axudar nestas datas de Nadal aos que menos teñen.  Devandita campaña, iniciada o pasado 1 de decembro, permitiu recolección de xoguetes (novos e usados), que foron destinados para os/as nenos/as de entidades sociais de Chaves, e alimentos non perecedoiros para os maiores necesitados de Verín.

No acto de entrega non só participaron representantes políticos dos dous municipios senón tamén os presidentes de ambas asociacións e o Pai Natal, que foi o responsable de repartir os xoguetes entre os/as nenos/as flavienses.

A campaña solidaria ‘Comparte sorrisos e ilusións’ desenvolveuse, nas últimas semanas, na sede de AEVER (R/ Pedro González) e en ‘Ludonatal’, Ludoteca do Pai Natal: A Terra dos Sonhos, situada no antigo cine-teatro da localidade, na rúa Santo Antonio. Ademais, ata o 4 de xaneiro, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, poderanse entregar os alimentos non perecedoiros nas instalacións nas que se realizada Ludonadal en Verín; así como no pavillón de Deportes os días 28 de decembro (coincidindo coa chegada do Carteiro Real) e 2 de xaneiro de 2011 (durante o Espectáculo de Pallasos). Estes alimentos repartiranse entre os maiores necesitados de Verín o día 5 de xaneiro, polo serán.


 
?>