Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Entrega dos alimentos no marco da campaña “Comparte sorrisos e ilusións” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Xaneiro 2011 14:40

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e a concelleira da Câmara de Chaves, Maria de Lurdes Campos, visitaron esta tarde a Residencia de Anciáns Santa María de Verín para entregar alimentos non perecedoiros ás persoas maiores que residen no mesmo.


No acto de entrega non só participaron representantes políticos da Eurocidade, tanto de Chaves como Verín, senón tamén os Magos de Oriente, que repartiron os alimentos entre os maiores.

Esta actuación, enmarcada na campaña ‘Comparte sorrisos e ilusións’, está  organizada pola Eurocidade Chaves-Verín, Câmara Municipal de Chaves, Concello de Verín, Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) e Pro-Centro (Asociación para a promoción do centro urbano de Chaves), e ten como fin concienciar aos verinenses e flavienses da importancia de axudar nestas datas de Nadal aos que menos teñen.  Devandita campaña, permitiu recolección de xoguetes (novos e usados) e alimentos non perecedoiros destinados aos/ás nenos/as do Patronato de São José e a Escola de Artes e Ofícios de Chaves e ás persoas maiores desta residencia.

Unha campaña desenvolvida, nas últimas semanas, na sede de AEVER (R/ Pedro González), e nas instalacións nas que se realizou Ludonadal en Verín e  ‘Ludonatal’, Ludoteca do Pai Natal: A Terra dos Sonhos, en Chaves.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza  España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

 
?>