Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Entrega de alimentos da campaña ‘Comparte sorrisos e ilusións’da Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 20 Decembro 2010 14:20

A partir do vindeiro 23 de decembro, os/as verinenses poderán entregar, nas instalacións de Ludonadal, os alimentos da campaña ‘Comparte sorrisos e Ilusións’, organizada pola Eurocidade Chaves-Verín, Câmara Municipal de Chaves, Concello de Verín, Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) e Pro-Centro (Asociación para a promoción do centro urbano de Chaves.

Devandita campaña, iniciada o pasado 1 de decembro coa recollida de xoguetes, novos e usados, ten como obxectivo concienciar as dúas poboacións da importancia de axudar nestas datas de Nadal aos que menos teñen. Por este motivo, os xoguetes serán entregados aos/ás nenos/as do orfanato da localidade lusa de Chaves os alimentos estarán destinados aos maiores do municipio de Verín.

Os alimentos non perecedoiros recolleranse do día 23 de decembro ata o 4 de xaneiro, de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, nas instalacións nas que se realiza Ludonadal. Ademais, pavillón de Deportes os días 28 de decembro (coincidindo coa chegada do Carteiro Real) e 2 de xaneiro de 2011 (durante o Espectáculo de Pallasos).

Por outra banda, o día 22 de decembro, ata ás 14 horas, pódense entregar os xoguetes novos e usados na sede de AEVER  (R/ Pedro González), de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.

No caso de Chaves, tanto os xoguetes como os alimentos poden entregarse na sede de ‘Ludonatal’, Ludoteca do Pai Natal: A Terra dos Sonhos, que se situará no antigo cine-teatro da localidade, na rúa Santo Antonio, de 10 a 13 e de 15 a 19 horas, entre os días 16 e 22 de decembro.

Os xoguetes repartiranse aos/ás nenos/as do Orfanato de Chaves o día 23 de decembro, en horario de tarde, e os alimentos aos maiores necesitados de Verín o día 5 de xaneiro, tamén polo serán.

 
?>