Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade
A Eurocidade Chaves-Verín aposta pola creación dun Directorio Comercial da Eurocidade PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Decembro 2010 13:43

A Eurocidade Chaves-Verín está a traballar na creación dunha Fronteira Comercial Aberta, coa que impulsar e incrementar as opcións de compra dos/as eurocidadáns/nas, así como incentivar o atractivo das zonas comerciais na Eurocidade, creando espazos para ir de compras e lecer.

Por este motivo, a Eurocidade Chaves-Verín, a través dos seus municipios e en colaboración con AEVER (Asociación de Empresarios de Verín), ACISAT (Associação Empresarial do Alto Tâmega), ProCentro (Associação para a Promoção do Centro Urbano de Chaves) e a Antena Local de Verín da Cámara de Comercio de Ourense, creou un Directorio Comercial da Eurocidade, con información completa en diferentes idiomas, de todos os establecimientos comerciais e de servizos existentes na zona, o que permitirá o seu acceso por tipo de servizo e facilita a súa exploración, a través do site da Eurocidade.

Unha iniciativa na que a Eurocidade Chaves-Verín gustaría que os comerciantes/empresarios participarán de modo activo, mediante a súa inscrición gratuíta neste Directorio Comercial que se localiza na site www.eurocidadechavesverin.eu.

Para inscribir o seu establecemento comercial ou de servizos, os interesados poden descargar o formulario que se atopa na páxina web da Eurocidade e envialo ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou achegándose o Gabinete de Apoio Técnico situado no Concello de Verín ou no Edifício Polis, Ladeira da Trindade, nº 17, en Chaves.

Nota: Todos/as participantes poden exercer o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade ou a través dos contactos disponibles no site.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza  España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

 

?>