Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Control conxunto da GNR e Guardia Civil, no marco das accións da Eurocidade Chaves-Verín na Carta Europea de Seguridade Viaria PDF Imprimir Correo-e
Venres, 24 Setembro 2010 15:23

O día 24 de setembro, a autovía das Rías Baixas (A-52)  acolleu un control de tráfico conxunto da Guardia Civil e a Brigada de Tránsito Guardia Nacional Republicana, destinado a compartir metodoloxía e procedementos prácticos co obxecto de perfeccionar as accións a desenvolver no ámbito da seguridade viaria -avalado por protocolos de colaboración entre os Ministerios de Interior de España e Portugal-.


Unha actuación enmarcada dentro das actividades impulsadas pola Eurocidade Chaves-Verín con motivo da adhesión dos dous municipios á Carta Europea de Seguridade Viaria. Esta carta, impulsada pola Comisión Europea no ano 2001, constitúe unha plataforma participativa integrada por máis 1.700 empresas, asociacións e entidades públicas de toda Europa que se comprometeron a efectuar accións concretas destinadas a redución do número de vítimas de accidentes de tráfico.

A adhesión á mesma permite desenvolver accións concretas, entre os municipios de Chaves e Verín, no ámbito da educación e seguridade viaria como son: realización de charlas-coloquios dirixidas a grupos de risco -alumnos/as de centros educativos, embarazadas, 3ª Idade e persoas con discapacidade ou mobilidade reducida-, desenvolvemento de campañas de seguridade viaria destinadas a reducir os accidentes de tráfico, eliminación de barreiras arquitectónicas, promoción de cursos de educación viaria anuais co obxectivo de indicar cal debe ser o comportamento como peón, pasaxeiro e condutor; mantemento e reposición de sinais de tráfico ou reforzo do traballo das forzas e corpos de seguridade na regulación e ordenación do tráfico, como no caso desta actuación conxunta efectuada pola Guardia Nacional Republicana e a Guardia Civil. Unha serie de actividades, entre as que tamén se atopa a repetición da ‘Semana da Seguridade e Educación Viaria’, destinada a concienciar aos menores e adultos da importancia de adquirir boas prácticas e previr os accidentes na estrada.

Por outra banda, representantes da Eurocidade Chaves-Verín, Jefatura Provincial de Tráfico, Agrupación Guardia Civil de Tráfico de Verín, Policía Local de Verín, Policía de Segurança Pública e Guardia Nacional Republicana de Portugal reuníronse nos últimos días para acordar o programa de actividades que se desenvolverá na segunda edición da ‘Semana da Educación e Seguridade Viaria’, que terá lugar do 2 ao 5 de novembro, e que incluirá á realización de accións teórico e prácticas para todos os públicos.

 
?>