Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Curso de Monitor de Lecer e Tempo Libre para mozos lusos e galegos PDF Imprimir Correo-e
Venres, 20 Agosto 2010 15:34

A Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil, co apoio da Eurocidade Chaves-Verín, promove a realización dun curso de Monitor de Lecer e Tempo Libre, co obxectivo de aos/ás mozos/as portugueses/as e galegos/as de formación e acreditación que lles permita traballar a ambos lados da fronteira.

Una acción incluída dentro do proxecto Espazo Xuvenil, dirixido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Instituto Português de Juventude, e aprobado no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP).

Este curso terá lugar en Chaves, cunha duración de 200 horas teóricas e 150 prácticas, e será impartido por unha escola de tempo de lecer e animación sociocultural, debidamente acreditada polo Goberno Galego para para emitir certificacións nesta área. Unha acreditación imprescindible para traballar no sector do tempo de lecer en España e, de acordo coa lexislación vixente, tamén en Portugal.

A duración deste curso, gratuíto e na que os participantes terán dereito ao almorzo, será do 13 de setembro ao 8 de outubro, das 10 ás 14 horas e das 15.30 ás 21.30 horas, no Centro Cultural de Chaves. O número de prazas dispoñibles é de 25, 15 para mozos/as lusos e as restantes para os/as galegos/as, que deben residir nesta zona transfronteiriza e ter idades comprendidas entre os 18 e 30 anos.

As inscricións para participar no mesmo poden realizarse no Centro Cultural de Chaves e na Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil. Os/as interesados/as poderán obter máis información a través dos seguintes correos electrónicos: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (Centro Cultural de Chaves) ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil).

 
?>