Verín-Chaves, a primeira Eurocidade Termal de Europa |
Martes, 01 Xullo 2008 11:32 |
A guía Rutas da auga editada polo Eixo Atlántico recolle, por primeira vez, a divulgación conxunta do patrimonio termal dos municipios de Chaves e Verín.
Ambas localidades, que suman 690 quilómetros cadrados, contan con seis balnearios -Cabreiroá, Sousas, Fontenova, Caldeliñas, Vidago e Termas de Chaves- entre eles o que posúe as augas máis quentes de toda a Península Ibérica, e catro plantas de embotellado de auga mineral de gran calidade, tres en Verín -Sousas, Fontenova e Cabreiróa- e unha en Chaves -Vidago-. |