ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS, ESTRADOS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS, CON FINALIDADE LUCRATIVA. |
![]() |
![]() |
![]() |
CAPÍTULO PRIMEIRO: FUNDAMENTO ARTIGO 1: NATUREZA XURÍDICA En uso das facultades concedidas polos artigos 4 e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ao 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este concello establece a taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao prevido nos artigos 20 e seguintes do citado Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. CAPÍTULO SEGUNDO: FEITO IMPOÑIBLE ARTIGO 2: FEITO IMPOÑIBLE 1.- Constitúe o feito impoñible desta taxa o aproveitamento lucrativo das vías e terreos de uso público, mediante a ocupación do dominio público local con mesas, cadeiras, tribunas, estrados e outros elementos de natureza análoga. 2.- Enténdese comprendido no dominio público local todo ben inmoble de uso público ou destinado a servizo público, quedando, polo tanto, comprendido no feito impoñible todo inmoble que, aínda sendo de titularidade privada, se ache aberto ao libre uso público. CAPÍTULO TERCEIRO: SUXEITO PASIVO ARTIGO 3: CONTRIBUÍNTES 1.- Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas fíxicas e xurídicas, así como as entidades sen personalidade xurídica propia que constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptible de imposición, sempre que disfruten, utilicen ou aproveiten o dominio público local en beneficio particular. 2.- Enténdese que disfrutan, utilizan ou aproveitan o dominio público local, aqueles suxeitos pasivos aos que se lles outorgue ou conceda a licenza municipal de ocupación correspondente ou aqueles aos que beneficie de forma directa o aproveitamento, no caso de que se producise sen a oportuna autorización municipal previa. ARTIGO 4: RESPONSABLES Serán responsables solidarios e subsidiarios do cumprimento das obrigas tributarias polo suxeito pasivo, todas as persoas físicas e xurídicas definidas con tal carácter nos artigos 42 e 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. CAPÍTULO CUARTO: DEVINDICACIÓN ARTIGO 5: OBRIGA DE CONTRIBUÍR A obriga de contribuír nacerá dende o momento en que existan ou se instalen nas vías públicas ou terreos abertos ao uso público de mesas, cadeiras, tribunas, estrados ou calquera outro elemento análogo, se solicitara e concedera a preceptiva licenza municipal de ocupación previamente ou non e se satisfixera previamente o importe da taxa ou non. CAPÍTULO QUINTO: PERÍODO IMPOSITIVO ARTIGO 6: PERÍODO IMPOSITIVO O período impositivo comprenderá a tempada ou o tempo autorizado de ocupación do dominio público, no seu caso. CAPÍTULO SEXTO: BASE IMPOÑIBLE ARTIGO 7: BASE IMPOÑIBLE Nos aproveitamentos da vía pública e parques e xardíns municipais con mesas, cadeiras, tribunas, estrados, toldos e demais elementos sombreadores e enreixados, sebes e outros elementos verticais análogos, tomarase como base a superficie ocupada por ditos elementos, computada en metros cadrados ou fracción. ARTIGO 8: CATEGORÍAS DE VÍAS PÚBLICAS 1.- Para os efectos de determinación dos tipos aplicables, os viais do termo municipal clasifícanse en catro categorías, segundo se determina no índice de rúas que se incorpora como anexo á presente ordenanza fiscal. 2.- Cando algún vial de nova apertura non apareza expresamente comprendido no índice de rúas, será provisionalmente clasificado como de última categoría 3.- Cando algún vial cambie de denominación viaria, será provisionalmente clasificado como pertencente á categoría existente para dita vía pública até ese momento. 4.- Cando o espazo afectado polo aproveitamento estea situado na confluencia de dúas ou máis vías públicas clasificadas de distinta categoría, aplicarase a tarifa que corresponda á vía de superior categoría. 5.- Os parques, xardíns e devesas municipais quedan asimilados a vías de primeira categoría. CAPÍTULO SÉTIMO: COTA TRIBUTARIA ARTIGO 9: COTA TRIBUTARIA 1.- As cotas tributarias que corresponda aboar polas modalidades de aproveitamento do dominio público local reguladas nesta ordenanza fiscal serán irreducibles polo período que se autorice. 2.- A cota tributaria determinarase segundo cantidade fixa, que estará en función da natureza do aproveitamento e da categoría vial, para toda ocupación con mesas, cadeiras, estrados e tribunas, de acordo cos seguintes grupos e escalas: A) Mesas e cadeiras
B) Tribunas e estrados
Enténdese por estrados, para os efectos desta letra b), aqueles que non constitúan elementos separadores ou accesorios dunha ocupación principal realizada con mesas e cadeiras. 3.- Enténdese por tempada de verán a ocupación do dominio público local, mediante calquera das modalidades de aproveitamentos lucrativos regulados nesta ordenanza fiscal, polo período comprendido entre o día 1 de abril e o día 30 de outubro de cada ano, incluíndo o período semanal da Semana Santa. Enténdese por tempada de inverno a ocupación do dominio público local, mediante calquera das modalidades de aproveitamentos lucrativos regulados nesta ordenanza fiscal, incluíndo o período comprendido entre o día 1 de novembro e o día 31 de marzo do ano seguinte, agás Semana Santa. Enténdese por tempada anual a ocupación do dominio público local, mediante calquera das modalidades de aproveitamentos lucrativos regulados nesta ordenanza fiscal, durante a totalidade do ano natural, agás o mes de xaneiro. 4.- Cando se instalen toldos, parasoles ou calquera outro elemento que supoña aproveitamento do voo da vía pública, aínda que tivese lugar dentro da superficie delimitada por outras ocupacións, e independentemente da tarifa que por elas correspondese aplicar, recargaranse as contías que resulten da aplicación das tarifas previstas no apartado segundo deste artigo nun 20% 5.- A utilización de biombos, enreixados, sebes, plantas ou calquera outro elemento separador, en forma que resulte delimitada en liña vertical a zona total ou parcialmente ocupada con mesas e cadeiras, acharase exenta de calquera tipo de recarga adicional. 6.- Os aproveitamentos realizados en terreos ou bens patrimoniais de propiedade municipal pagarán como efectuados na vía de maior categoría coa que linden, pero a contía que resulte aboar, por aplicación do epígrafe correspondente, incrementarase nun 20%. 7.- Cando se utilicen procedementos de licitación pública, o importe da taxa virá determinado polo valor económico da proposición sobre a que recaia a concesión, autorización ou adxudicación. CAPÍTULO OITAVO: BENEFICIOS FISCAIS ARTIGO 10: EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS Non se concederán máis exencións ou bonificacións que aquelas que, expresamente, establezan a normas con rango de lei ou as derivadas da aplicación dos tratados internacionais. CAPÍTULO NOVENO: RECADACIÓN ARTIGO 11: RÉXIME XURÍDICO A recadación da taxa realizarase de acordo co previsto na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas na súa aplicación e desenvolvemento, en especial o Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, e nas ordenanzas fiscais xerais que, en materia de recadación, puidesen ser aprobadas por este concello. ARTIGO 12: PAGAMENTO 1.- A obriga de pagamento da taxa que se regula a través da presente ordenanza fiscal nace no momento de solicitar a correspondente licenza, efectuándose liquidación, nese momento, pola Tesouraría municipal. 2.- O pagamento das cantidades que correspondan realizarase mediante o aboamento directo na Tesouraría municipal ou no lugar que estableza para os efectos o concello. 3.- O non pagamento da taxa dará lugar ao inicio da vía executiva, sendo esixible pola vía de constrinximento, de conformidade co disposto no Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación. ARTIGO 13: DEVOLUCIÓNS 1.- Cando por causas non imputables ao suxeito pasivo, o dereito á utilización ou aproveitamento do dominio público local non se realice, procederá a devolución correspondente do importe satisfeito. 2.- Para os efectos previstos no apartado anterior, así como no caso de denegación da licenza, o suxeito pasivo presentará solicitude de devolución nas dependencias municipais, detallando as circunstancias concorrentes, sendo resolto por resolución do órgano municipal competente, previos os informes oportunos. ARTIGO 14: INSPECCION A inspección da taxa realizarase de acordo co previsto na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas na súa aplicación e desenvolvemento, en especial o Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección de tributos e nas ordenanzas fiscais xerais que en materia de inspección, puidese aprobar este concello. ARTIGO 15: COMUNICACIÓNS 1.- Todo suxeito pasivo ten o deber e a obriga de declarar os cambios que se produzan no uso e disfrute do aproveitamento, sexa relativo ao espazo de ocupación como ao seu tipo, e na titularidade da finca, local ou establecemento a que, no seu caso, servisen, así como o remate anticipado do disfrute do aproveitamento e demais circunstancias fiscalmente relevantes en orde ás taxas que procedan. 2.- O incumprimento deste deber considerarase infracción tributaria grave nos termos do disposto nos artigos 191 e 192 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. CAPÍTULO DÉCIMO: INFRACCIÓN E SANCIÓNS ARTIGO 16: RÉXIME SANCIONADOR En todo o relativo ás infraccións tributarias e ás súas distintas cualificacións, así como ás sancións que lles correspondan, aplicarase o disposto na vixente Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas na súa aplicación e desenvolvemento, en especial o Real decreto 1930/1998, do 11 de setembro, polo que se desenvolve o réxime sancionador tributario e o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, así como nas ordenanzas fiscais xerais que, en materia de infraccións e sancións, puidese aprobar este concello. DISPOSICIÓNS ADICIONAIS DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA 1.- Para todo o non expresamente regulado na presente ordenanza fiscal en orde á xestión municipal deste tributo, estarase ao disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, así como na restante normativa e demais disposicións complementarias e concordantes, ditadas na súa aplicación e desenvolvemento. 2.- Toda referencia realizada nesta ordenanza fiscal a leis e demais disposicións estatais ou autonómicas entenderanse efectuadas, igualmente, ás que, no seu caso, as substitúan ou modifiquen. DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA As disposicións desta ordenanza fiscal só serán aplicables ás solicitudes de ocupación do dominio público local que se efectúen ou ás ocupacións sen licenza realizadas con posterioridade á data da súa entrada en vigor, rexéndose, mentres, pola normativa anteriormente vixente e que, por esta ordenanza, se derroga. DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA A modificación operada no artigo 9 da presente ordenanza fiscal xurdirá efectos para todos os expedientes de solicitude de licenzas iniciados con posterioridade á data de aprobación definitiva da modificación. Os titulares ou interesados nos expedientes de solicitude de licenzas, que se realicen para a tempada do ano 2015, nos termos do artigo 9.3 desta ordenanza fiscal, e que se iniciaran con anterioridade á data de aprobación definitiva da modificación, terán dereito a solicitar a aplicación dunha bonificación equivalente á diferenza existente entre a cota total satisfeita no seu día e a cota total a satisfacer resultante da aplicación das novas tarifas, e a instar a devolución de ditas cantidades con prazo máximo até o 31 de decembro de 2015. DISPOSICIÓNS DERROGATORIAS DISPOSICIÓN DERROGATORIA ÚNICA 1.- Queda derrogado o texto da anterior Ordenanza fiscal reguladora da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local mediante a ocupación con mesas, cadeiras, tribunas, estrados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa, aprobado polo Pleno deste concello e publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense número 129 de data 7 de xuño de 2012. 2.- Igualmente, quedan derrogadas cantas outras normas ou disposicións que se achen vixentes e que se opoñan ou que, de calquera outro modo, contradigan o disposto na presente ordenanza fiscal. DISPOSICIÓNS FINAIS ENTRADA EN VIGOR A presente ordenanza fiscal entrará envigor o mesmo día da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas e será de aplicación a partir do día seguinte de dita publicación. ANEXO I ÍNDICE ALFABÉTICO DE VÍAS PÚBLICAS
ANEXO II PROMEDIO VALOR DE MERCADO POR M2 O promedio do valor de mercado da utilidade que se deriva pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local, de acordo coa valoración efectuada polos servizos técnicos municipais, é o seguinte:
O alcalde: Juan Manuel Jiménez Morán A secretaria: Pilar del Carmen Saborido Díaz
DILIXENCIA: Para facer constar que a precedente ordenanza publicouse integramente no Boletín Oficial da Provincia de Ourense número 113 de data 20.5.2015.
A secretaria: Pilar del Carmen Saborido Díaz |