Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar Patexando polo monte
Patexando polo monte PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 Maio 2010 11:36

A área de Benestar Social e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín organizan durante este fin de semana a actividade ‘Patexando polo monte’, destinada a familias seleccionadas desde o propio departamento e pertencentes ao centro de día da Cruz Vermella.


Esta actividade, enmarcada dentro do programa de apertura de centros educativos fóra do horario escolar dentro da modalidade de conciliación da vida familiar, inclúe a realización de xogos de pistas polas rutas do contrabando na Cidadella, xogos de paracaídas e un obradoiro de cociña no albergue de Vilarello da Cota (no municipio de Vilardevós).

A saída desta iniciativa lúdica será o sábado 29 de maio, ás 16 horas, desde a praza do Concello de Verín, e o retorno o domingo 30 de maio, ás 17 horas.

Na financiación de devandita actividade colaboran o proxecto Centros 2010, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Ministerio de Educación e Fondo Social Europeo.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28


?>