ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVICIOS NAS PISCINAS MUNICIPAIS. |
![]() |
![]() |
![]() |
Artigo 1º.- Fundamento e natureza.
En uso das facultades que conceden os artigos 133.2 e 142 da Constitución e o artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co que dispoñen os arts. 15 ó 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola prestación de servicios nas piscinas municipais, que se rexerá pola presente ordenanza, atendendo as súas normas ó que prevé o art.58 en relación co artigo 20.4 o), ambos da Lei 39/88, de acordo coa modificación que establece a Lei 25/98, do 13 de xullo, de modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais e de carácter público.
Artigo 2º.- Feito impoñible.
1.- Constitúe o feito impoñible deste tributo, a utilización das piscinas de titularidade municipal.
Artigo 3º.- Obriga de contribuír.
A obriga de contribuír nacerá dende que a utilización se inicie mediante a entrada, logo do pagamento da taxa.
Artigo 4º.- Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos e obrigados ó pagamento da taxa que regula esta ordenanza as persoas que utilicen os seguintes servicios municipais:
- Piscinas descubertas de verán. - Piscina cuberta climatizada.
Artigo 5º.- Base impoñible e liquidable.
A base da taxa que regula esta ordenanza, constitúea a entrada nos distintos recintos en que se prestan os servicios municipais e o número de horas ou fraccións de utilización de ditos servicios.
Artigo 6º.- Cota tributaria.
1.- A contía da taxa que regula esta ordenanza será a que se fixa na tarifa seguinte:
A).- Utilización piscinas descubertas:
A.1.- Non abonados: cada entrada
A.2.- Abonados:
O pagamento do abono mensual, realizarase na Tesoureria do Concello ou nas propias instalacións, antes do primeiro día do mes en que vaia xurdir efectos. O pagamento do abono de tempada, realizarase na Tesoureria do Concello ou nas propias instalacións, dende o día 1 ata o día 30 de xuño.
- Os abonos mensuais considéranse dende o 15 de xuño ó 15 de xullo, o 15 de xullo ó 15 de agosto e dende o 15 de agosto ó 15 de setembro. - Os abonados de tempada considéranse dendo o 15 de xuño ata o 15 de setembro.
B).- Utilización piscina cuberta climatizada.
B.1.- Acreditacións:
Os abonados teñen dereito a utilizar a piscina en calquera horario e día, e, por "abonado familiar" enténdense o matrimonio ou parella de feito (coa documentación que corresponda) e/ou seus fillos (menores de 18 anos).
B.2.- Cursos para abonados:
Para tódolos abonados e cursos o pagamento das tarifas terá lugar por meses adiantados.
B.3.- Baño libre:
O pagamento das tarifas por baño libre terá lugar no momento de recoller a entrada no despacho de billetes.
B.4.- Cursos para non abonados.
Os pagamentos dos abonados ou de cursos(tanto de abonados coma de non abonados) poderán realizalos por trimestres adiantados e, os suxeitos pasivos neste caso, obterán unha reducción do 10% do importe total. Tódolos usuarios (abonados e cursos), satisfarán unha matrícula anual de 1 000 ptas.
Artigo 7º.- Obriga de pagamento.
1.- A obriga do pagamento da taxa que regula esta ordenanza, nace dende que se presta ou realiza calquera dos servicios que se especifican no artigo 2 desta ordenanza.
2.- O pagamento da taxa realizarase no momento de entrar nos recintos ós que anteriormente se fixo referencia, salvo para as excepcións (abonos e matrículas), que se contemplan na utilización das piscinas decubertas e na piscina cuberta climatizada.
Artigo 8º.- Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do que prevé esta ordenanza, estarase ó que dispoñen os arts. 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.
DIPOSICION DERRADEIRA
O texto da presente ordenanza fiscal substitúe e derroga ó da anterior sendo aprobado polo Pleno en sesión de data 29-03-2001 e entrará en vigor e será de aplicación ó día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
O alcalde O secretario
DILIXENCIA: póñoa eu, o secretario, para facer constar que o texto íntegro da presente Ordenanza publicouse no BOP nº 134 de data 13.6.2001 Verín, 11 de xullo de 2001 O secretario
|