ORDENANZA REGULADORA DA TARXETA DE ESTACIONAMENTO PARA PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA |
ARTIGO 1º.- Créase a tarxeta de estacionamento para persoas con mobilidade reducida, tanto temporal como permanente. Dita tarxeta será persoal e intransferible. Outorgarase polo concello a aquelas persoas que acrediten a súa situación de discapacidade, coa cualificación de minusvalía da comunidade autónoma e informe de mobilidade reducida preceptivo dos equipos de valoración e orientación da Xunta de Galicia, tendo validez tamén os doutras comunidades autónomas.
ARTIGO 2º.- Créanse dúas clases de tarxetas:
- A, para tódalas persoas que teñan mobilidade reducida con vehículo adaptado.
- B, para persoas que teñan asumida a responsabilidade de transportar a unha persoa con minusvalía, teñan ou non coches adaptados.
A tarxeta ten por obxecto facilitar os desprazamentos dos seus titulares.
ARTIGO 3º.- Os titulares da tarxeta terán dereito:
A que se reserva unha praza de aparcadoiro debidamente sinalizada. As prazas de aparcadoiro reservaranse preto das súas vivendas, sempre que a ordenación do tráfico o permita. Someterase a informe da Policía Local para que indique se son posibles as reservas de prazas e a situación máis conveniente.
Que se lles estableza unha serie de prazas nas zonas que sexan necesarias, e en concreto: á carón do centro de saúde, concello, policía, xulgado, centros de ensino, prazas públicas, igrexas, piscinas públicas, tanatorios, zonas de supermercados, etc., prazas que serán de utilización exclusiva de xeito que se lles garanta a posibilidade de aparcadoiro, preto dos devanditos lugares. Este aparcadoiro terá unha duración limitada de dúas horas.
A que o persoal do concello lles atenda nun local de fácil acceso, cando o establecido para iso non cumpra a totalidade das condicións establecidas pola Lei de eliminación de barreiras arquitectónicas e o decreto polo que se aproba o seu regulamento (Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro).
ARTIGO 4º.- O procedemento de outorgamento da tarxeta será o seguinte:
- Presentarase a solicitude no rexistro do concello á que se lle achegará a seguinte documentación:
1. DNI propio e da persoa que teña atribuída a patria potestade ou a garda e custodia, no caso de que estean incapacitados xuridicamente.
2. Comprobación de oficio se a persoa está empadroada no Concello de Verín.
3. Dúas fotografías do solicitante da tarxeta. 4. No caso de que se solicite a tarxeta tipo A, deberá presentar permiso de circulación ó seu nome.
5. O ente local remitiralle copia da solicitude ó equipo de valoración e orientación (EVO) correspondente para a realización do informe preceptivo e vinculante para a resolución do procedemento.
6. O concello resolverá motivadamente no prazo de un mes concedendo ou denegando a tarxeta. Deberá facerse constar expresamente a data de caducidade da tarxeta.
ARTIGO 5º.- A validez da tarxeta será de dez anos nos casos de que a dificultade de desprazamento sexa permanente. Transcorridos os cales renovarase mediante solicitude na que se faga constar que as condicións de concesión se manteñen na súa totalidade. Deberase, así mesmo, aportar dúas fotografías do titular da tarxeta.
No caso de que as dificultades de desprazamento sexan temporais, a tarxeta caducará no prazo que se establecerá no decreto de concesión, poderase prorrogar mediante solicitude do interesado acompañada doutro informe do equipo de valoración da comunidade autónoma que testemuñe a súa dificultade.
ARTIGO 6º.- Terán validez neste municipio as tarxetas emitidas por calquera municipio da Unión Europea, sempre que conteñan os datos básicos establecidos na presente ordenanza.
ARTIGO 7º.- As características da tarxeta serán as seguintes:
Lonxitude: 106 mm Altura: 148 mm Cor: azul clara, salvo o símbolo branco que representa, sobre fondo azul escuro, unha persoa en cadeira de rodas.
Cada unha das caras estará dividida en dúas metades.
No anverso figurará: Na metade esquerda: * símbolo de conductor de cadeira de rodas en branco sobre fondo azul escuro. * o período de validez da tarxeta. * o número de serie da tarxeta de estacionamento. * o Concello de Verín, o nome da autoridade que a concede e selo da institución. * número de matrícula do vehículo.
Na metade dereita figurará: * "Tarxeta de estacionamento para persoas con minusvalidez" en letras negras maiúsculas. * a continuación e suficientemente afastada e en maiúsculas a inscrición "Tarxeta de estacionamento", nas linguas da Unión Europea.
A continuación a frase "Modelo das Comunidades Europeas".
No reverso figurará: Na metade esquerda: * a fotografía do titular. * os apelidos do titular e o nome do titular. * sinatura do titular ou outra marca autorizada.
Na metade dereita: * a frase: "Esta tarxeta dá dereito a utilizar as correspondentes facilidades de estacionamento para persoas con minusvalidez vixentes no lugar do país onde se atope o titular". * a frase: "Cando se utilice esta tarxeta deberá colocarse na parte dianteira do vehículo, de xeito que unicamente o seu anverso sexa visible para o seu control". Porase en galego e en castelán.
DISPOSICION FINAL:
A presente Ordenanza entrará en vigor ó día seguinte da publicación do seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia unha vez transcorrido o prazo prescrito no artigo 65.2 da Lei 7/85 reguladora das bases de réxime local.
O alcalde O secretario
DILIXENCIA: póñoa eu, o secretario, para facer constar que o texto íntegro da precedente ordenanza publicouse no BOP nº 241 de data 19.10.2000.
Verín, 20 de outubro de 2000
Asdo.: Francisco Cacharro Gosende
|