Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Sesenta e seis nenos/as participaron no Campionato de Natación das Escolas Deportivas de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 24 Marzo 2010 12:11

A Piscina Climatizada de Verín acolleu, o sábado 20 de marzo, o Campionato de Natación das Escolas Deportivas, organizado polo Servizo de Deportes con motivo da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’. 

Galería de Imaxes

No campionato, de dúas horas e media de duración, participaron 27 nenos/as do Club de Natación de Verín, 25 do Club de Natación de Chaves e 14 das Escolas Deportivas da Piscina Climatizada de Allariz. Os/as nadadores, de ambos sexos e sen licenza federativa en vigor, competiron nas categorías de benxamín (2001-2002), alevín (1998-1999) e infantil (1997 e anteriores), e nas seguintes probas: 25 metros bolboreta benxamín, 25 metros costas benxamín, 50 metros costas alevín e infantil, 25 metros braza benxamín e alevín, 50 metros braza infantil,  25 metros crol benxamín, 50 metros crol alevín e infantil, e 8 x 25 relevos -con catro nenos e nenas en todas as categorías-.


Con posterioridade, os/as participantes recibiron medallas, almorzo e trofeos na proba de relevos, na que se obtivo o seguinte resultado: Club de Natación de Chaves (1º), Club de Natación de Verín (2º) e Escolas Deportivas da Piscina Climatizada de Allariz (3º).

 
?>