Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín acolle a peza teatral “Castelao, un corazón á intemperie” da compañía Fantoches Baj
Verín acolle a peza teatral “Castelao, un corazón á intemperie” da compañía Fantoches Baj PDF Imprimir Correo-e
Luns, 12 Maio 2025 09:10

No marco das actividades programadas pola Rede de Dinamización Lingüística no Ano Castelao, a Casa da Cultura de Verín será escenario dunha proposta teatral dirixida ao público familiar: “Castelao, un corazón á intemperie”, da compañía Fantoches Baj.



A función terá lugar o sábado, 17 de maio, ás 18:00 horas, e está pensada para nenos e nenas a partir dos 6 anos, así como para as súas familias.

A obra está protagonizada por Varela Buxán —dramaturgo e director de escena que dirixiu no seu día a estrea d’Os vellos non deben de namorarse—, quen rende unha homenaxe á figura de Castelao relatando os fitos máis destacados da súa vida e obra.

Ao longo da representación, o público poderá descubrir momentos clave da traxectoria do rianxeiro a través de múltiples recursos escénicos:

  • O pai de Migueliño, a través de viñetas ao estilo kamishibai.

  • Peito de Lobo, con apoio dun cabezudo.

  • Un cadro de Os vellos non deben de namorarse, con monicreques.

  • O monólogo de Un ollo de vidro, mediante o teatro de máscaras.

Esta actividade supón o punto de partida dunha serie de propostas culturais coas que a Xunta de Galicia, a través da Rede de Dinamización Lingüística, busca achegar a figura de Castelao ás novas xeracións, fomentando a reflexión e o coñecemento sobre o seu legado literario, artístico e político.

Organiza: Rede de Dinamización Lingüística – Xunta de Galicia
Colabora: Concello de Verín

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>