Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín acolle o I Encontro de Mulleres Xitanas da comarca
Verín acolle o I Encontro de Mulleres Xitanas da comarca PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Maio 2025 09:14

A Casa da Cultura de Verín acollerá o vindeiro xoves 30 de maio, a partir das 10:00 horas, o I Encontro de Mulleres Xitanas da Comarca de Verín, unha xornada formativa e de convivencia destinada a fomentar o apoderamento, a aprendizaxe colectiva e o diálogo intercultural entre mulleres xitanas e paias da contorna.


A iniciativa, pioneira na comarca, incluirá contidos sobre Feminismo Romaní, historia e cultura do pobo xitano, e contará coa participación de mulleres referentes da Asociación Gitanas Feministas por la Diversidad, entidade de ámbito estatal recoñecida polo seu compromiso na loita contra a violencia e pola igualdade real.

A organización do evento corre a cargo da oficina do Plan Xitano dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Verín, en colaboración co Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Verín.

O encontro ofrece 30 prazas totalmente gratuítas, financiadas na súa totalidade, e incluirá un pequeno convite a café para todas as participantes. As persoas interesadas poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario en liña:
???? https://forms.gle/ES6xuqtrHMweTSJh8

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>