Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Subvencións a asociacións con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos turísticos
Subvencións a asociacións con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos turísticos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Xuño 2008 12:06

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte axuda:


- Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a asociacións con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos de contido turístico, e se procede a súa convocatoria para o ano 2008.

 


Esta orde ten como fin o apoio a asociacións para a realización de investimentos relacionados coa promoción e difusión de festas, romarías, exposicións, festivais, certames e outros eventos de interese turístico ou manifestacións populares de semellante carácter que se celebren en Galicia no ano 2008 e que cumpran os seguintes requisitos:

* Que se trate de celebracións de eventos que xiren en todo caso ao redor de manifestacións de interese cultural, lúdico, folclórico, artístico, relixioso, gastronómico, deportivo ou ambiental.
* Que se trate de actuacións que acentúen a valoración das tradicións populares e posúan unha especial importancia como atractivo turístico cara ao pulo económico da comarca.

O importe das subvencións concedidas poderán acadar un máximo de axuda de ata o 75% do investimento subvencionable co tope de 6.000 euros por entidade. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de outubro de 2008.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>