Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Grupo de Autoaxuda para persoas coidadoras de maiores dependentes
Grupo de Autoaxuda para persoas coidadoras de maiores dependentes PDF Imprimir Correo-e
Venres, 08 Xaneiro 2010 13:06

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, organiza un Grupo de Autoaxuda entre os coidadores informais de maiores dependentes, como son familiares, para crear un entorno de diálogo, contención de sentimentos e solución de problemas que comparten no seu día a día.  

Este grupo, destinado a un máximo de 20 persoas previa inscrición, ten como obxectivos específicos fomentar a valoración persoal e autoestima dos coidadores, desenvolver técnicas de comunicación co familiar dependente ou promover os dereitos do coidador, entre outros.

Para máis información e inscrición deben dirixirse ás dependencias de Servizos Sociais-Maiores na Casa da Xuventude (Avda. Portugal, 11bis ) ou no teléfono 988-414776.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>