O Concello de Verín aposta pola enerxía solar en oito dos seus edificios municipais |
Mércores, 24 Xullo 2024 09:31 |
Oito dos principais edificios municipais do Concello de Verín contarán con paneis fotovoltaicos. Esta medida busca reducir de maneira notable o consumo eléctrico e as emisións de CO2. A instalación destes paneis supón un investimento total de 118.787,29 euros por parte do ente municipales, estando esperando financiado por fondos europeos Next Generation practicamente o 50 por cento do investimento (53.720 euros). Os edificios beneficiados por esta operación son a Casa Consistorial, o Pavillón Municipal de Deportes, os CEIP Princesa de España e Amaro Refojo, a Biblioteca, o centro de día Solleira, o Pavillón da Granxa e o Auditorio Municipal. Estes paneis permitirán que estes edificios non só sexan máis autosuficientes desde o punto de vista enerxético, senón que tamén contribúan a unha significativa diminución da pegada de carbono do Concello. Cabe destacar que o 50 % desta acción, equivalente a 53.720 euros, está financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU. Esta axuda enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, así como no Mecanismo de Recuperación e Resiliencia do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. |