Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Antonio Piñero, experto en cristianismo primitivo, presenta en Verín a súa obra "Los libros del Nuevo Testamento: Traducción y comentarios”
Antonio Piñero, experto en cristianismo primitivo, presenta en Verín a súa obra "Los libros del Nuevo Testamento: Traducción y comentarios” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 07 Xuño 2023 10:30

Maña xoves 8 de xuño, ás 19:30 horas, o prestixioso catedrático de filoloxía grega e especialista en linguas antigas e literaturas do cristianismo primitivo, Antonio Piñero, presentará no Salón de Actos da Casa da Cultura a súa nova obra "Los libros del Nuevo Testamento: Traducción y comentarios”.


Nesta nova edición, Piñero busca responder a interrogantes que foron formuladas continuamente: ¿Que hai de verdade histórica nos Evanxeos? ¿Que de ficción? ¿Engadiu moito a Igrexa primitiva da súa colleita á tradición sobre Xesús de Nazaret, distorsionando así a súa figura? ¿Que opinan os historiadores e comentaristas das diferentes confesións cristiás sobre este tema tan relevante?

Antonio Piñero, nado en Chipiona (Cádiz) en 1941, é catedrático de Filoloxía Grega da Universidade Complutense de Madrid. Ademais de ser un recoñecido investigador a nivel internacional, tamén é un comunicador excepcional, como o testemuñan millóns de persoas que seguen as súas intervencións en televisión e radio. A súa determinación, dinamismo e paixón transmiten unha mensaxe única, que se reflicte tanto nos seus escritos como nas súas aparicións mediáticas.

Esta presentación é unha oportunidade inigualable para achegarse á verdade histórica dos Evanxeos e entender a influencia da Igrexa primitiva na tradición cristiá. Antonio Piñero, coa súa vasta experiencia e coñecemento, desvelará os segredos e as conclusións que ofrece a súa nova obra.

Para obter máis información sobre Antonio Piñero e a súa traxectoria, pódese visitar a súa páxina web oficial: https://www.antoniopinero.com/curriculum.html

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>