Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Primeira edición do Trofeo Federación DHI Cabreiroá en Verín, Ourense
Primeira edición do Trofeo Federación DHI Cabreiroá en Verín, Ourense PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Abril 2023 11:37

A Federación Galega de Ciclismo e o Club Deportivo Bicicletas Chinquena Racing Team organizan, coa colaboración do Concello de Verín, a primeira edición do Trofeo Federación DHI Cabreiroá, que terá lugar nos días 13 e 14 de maio de 2023 no monte Montemaior, en Cabreiroá, Verín (Ourense).


O evento foi presentado esta mañá por Javier Estévez, e Manuel Baños presidente e secretario, respectivamente, do Club Deportivo Bicicletas Chinquena Racing e organizadores do evento; e contou coa presenza de Diego Lourenzo, tenente de alcalde e Manuel Lorenzo, concelleiro de Transportes, Feiras e Hostalería do Concello de Verín, en representación da área de Deportes.

«Queremos expresar o noso sincero agradecemento, ao Club Deportivo Bicicletas Chinquena Racing Team, pola súa dedicación e esforzo na organización da primeira edición do Trofeo Federación DHI Cabreiroá en Verín, Ourense. É unha gran honra para o Concello de Verín que este gran evento deportivo se celebre na nosa vila», destacou Manuel Lorenzo.

A competición, que será de carácter nacional e regida pola normativa autonómica, disputarase no circuíto de descenso de Cabreiroá, que ten unha lonxitude de 1,78 km e un desnivel de 322 metros. O evento contará cos servizos de remontes e asistencia médica, ademais de área de lavado de bicicletas e avituallamento para os corredores durante as mangas de competición.

Para participar, é necesario contar coa licenza federativa de competición, e o prazo de inscrición estará aberto ata o 12 de maio a través da plataforma web da Federación Galega de Ciclismo. As categorías de inscrición son: Elite, Sub 23, Junio, Cadete, Infantil, Master 30, Master 40 e 50, tanto para homes como para mulleres. Tamén haberá unha categoría especial de enduro absoluta, sen distinción de categorías de idade nin de sexo.

Os días 13 e 14 de maio, haberá unha xornada de entrenamentos libres e a competición terá lugar o sábado 14, con entrenos oficiais ás 8:30 horas, seguidos da manga clasificatoria ás 11:00 horas e a manga final ás 13:00 horas. O evento rematará ás 14:00 horas coa entrega de trofeos.

Máis información e detalles do recorrido do circuíto e das normas de seguridade, entre outros aspectos, están dispoñibles na web da Federación Galega de Ciclismo.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>